Friday 03 de May de 2024

Inés Rey presenta “A Coruña, cultura de vivir”, nova imaxe turística da cidade


Xoel López, Carolina Iglesias, Luis Veira, Yolanda Castaño e Luis Piedrahita súmanse á promoción turística da Coruña como embaixadores da cidade herculina

Inés Rey: “A Coruña tiene algo único, espíritu de ciudad y un carácter que marca la diferencia: nuestra cultura de vivir”

A alcaldesa, Inés Rey, presentou esta noite a nova imaxe turística da cidade para o ano 2024 baixo o lema “A Coruña, cultura de vivir”, que reivindica o carácter coruñés como principal reclamo turístico. O evento, celebrado no centro cultural madrileño La Casa Encencida, contou co presentador Ricardo Vázquez como conductor do acto xunto coa poeta Yolanda Castaño, o humorista David Amor, o xornalista Nacho Carretero e o músico Xoel López.

A alcaldesa explicou que A Coruña conta con todo o que un visitante busca nun destino.
“Nosotros tenemos algo que es más complicado encontrar: un espíritu de ciudad, un carácter único que marca la diferencia, nuestra cultura de vivir”, engadiu. Nesa liña, o novo spot publicitario da Coruña recorre a personalidades coruñesas recoñecidas a nivel nacional para explicar en primeira persoa o carácter da Coruña.
Xoel López, Carolina Iglesias, Luis Veira, Yolanda Castaño e Luis Piedrahita súmanse así á promoción turística da Coruña como embaixadores da cidade herculina. “No se me ocurre mejor forma de poner el acento coruñés en nuestra proyección nacional e internacional que reconociendo a quienes lo han llevado a tantos rincones desde el humor, la cocina, la poesía o la música”, sinalou Rey.

A alcaldesa agradeceulle aos presentes que a acompañaran no acto así como aos embaixadores que se sumaran ao reto. “Cómo no, gracias también a ellos somos la ciudad de la cultura, la gran capital ilustrada de Galicia, la que mejor supo entender nuestra identidad para proyectarla con vocación universal, atlántica”, explicou.

Como mostra da gastronomía coruñesa, baseada na vangarda, o evento contou cunha degustación da man de Coruña Cociña. “Esa mezcla de tradición y vanguardia es lo que nos ha convertido en una referencia mundial en muchos ámbitos, como por ejemplo en la gastronomía atlántica”, expusxo a rexedora.

Distribuíronse cinco estacións salgadas e unha doce, con pratos elaborados polos cociñeiros Gorka Rodríguez, Javier Freijeiro, Moncho Bargo, Antonio Amenedo, Álvaro Victoriano e Pablo Morales. “Tenemos los mejores productos, especialmente los del mar, pero también los mejores intérpretes, los que están protagonizando una revolución en la cocina, en esa Coruña Cocina que los reúne y que hoy nos acompaña” explicou a alcaldesa.

Rey lembrou que este ano 2024 conmemóranse 15 anos dende que a Torre de Hércules foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO o pasado 27 de xuño do 2009. En referencia á efeméride, a alcaldesa avanzou que se celebrará “con un evento especial” e que será un dos eixes clave da estratexia turística de 2024 que se presenta mañá en FITUR.

Representación institucional e axentes turísticos, culturais e económicos

O acto contou coa asistencia de representantes institucionais como a secretaria xeral técnica do Ministerio de Cultura, Laura Cadenas; a secretaria xeral técnica do Ministerio de Facenda, Marta de Andrés; o subsecretario de Educación, FP e Deportes, Santiago Roura; o ex ministro de Sanidade e deputado, José Miñones; as deputadas Obdulia Taboadela e Tristana Moraleja; a responsable de Turismo do Concello de Cádiz, Beatriz Gandullo; a concelleira madrileña, Emma López entre outros.

Tamén se achegaron á presentación representantes institucionais do sector cultural como Rocío Santa Cruz, membro do patronato do Museo Picasso de Barcelona; Natàlia Chocarro, adjunta de dirección de la Fundación Vila Casas; Gabriel Planella, director de acción cultural española; ou Ana Gómez, en representación do Instituto Cervantes.

En canto ao sector turístico, asistiron representantes de recintos de eventos e hoteis da cidade, axencias de viaxe autonómicas e nacionais, compañías aéreas (Easyjet, Iberia Vueling e Binter Canarias) e turoperadores (Civitatis, Amadeus, Last Minute, Booking).
Tamén representantes do tecido económico da cidade como Estrella Galicia, Bonilla ou El Pulpo, organizadores de eventos e festivais de ámbito nacional e figuras recoñecidas como Fernando Romay, Sergio Pazos ou Carlota Núñez (@Duulcedeleche).